Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

O grupo Coren integrará no seu cadro de persoal uns 1350 falsos autónomos tras a campaña de denuncia de CCOO

  • Prestaban servizos para varias empresas do grupo a través da falsa cooperativa Servicarne, denunciada por CCOO perante a Inspección de Traballo

A campaña de denuncia de CCOO contra a falsa cooperativa Servicarne continúa a dar froitos. Grazas ao labor do sindicato, Coren anuncia que integrará como persoal fixo uns 1350 falsos autónomos que ata o momento prestaban servizo para varias empresas do grupo cárnico. A decisión terá efectos a partir do 1 de agosto e beneficia preto de 250 traballadores e traballadoras na provincia de Pontevedra, 300 en Lugo e uns 800 na de Ourense.

30/07/2018.
Matadoiro de polos | Foto: dominio público

Matadoiro de polos | Foto: dominio público

A Federación de Industria de CCOO agradécelle á Inspección de Traballo o esforzo realizado, tanto pola envergadura como polas singulares características deste expediente. Simultaneamente, Comisións está a realizar un intenso traballo para garantir que estas persoas, ademais de estaren ao abeiro do convenio estatal de cárnicas, vexan respectada a antigüidade e sexan encadradas na categoría correspondente ás súas funcións.A campaña comezou en decembroA denuncia de CCOO contra Servicarne é parte dunha campaña de alcance estatal que o sindicato emprendeu o pasado mes de decembro contra diferentes cooperativas de traballo autónomo que Comisións Obreiras considera que cometen fraude ?son falsos autónomos? e competencia desleal, especialmente no sector cárnico.